15/06/19

PROXECTO UNIÓN EUROPEA

Neste último trimestre, en 6º curso estivemos investigando sobre os diferentes países que compoñen a Unión Europea.

Primeiro, fixemos as bandeiras do país que nos tocou investigar coas que adornamos o noso corredor.


                          
  
Para a recollida de datos, seguimos un guión que nos facilitaron as nosas titoras Maika e Pilar e realizamos un traballo de investigación que deu como resultado unha guía turística.


Preme no seguinte enlace se queres botarlle unha ollada.

Ademais, para dar a coñecer as nosas investigacións, expuxémolas ante o alumnado de 5º curso.





E, como colofón deste proxecto, aprendemos e interpretamos, coa axuda e colaboración da profe Claudia, o Himno Europeo, que ten a súa orixe na Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música á `Oda á Alegría´ escrita por Schiller en 1785.


A verdade é que aprendemos moito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS