Alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Amor Ruibal e alumnado do IES de Barro asistimos onte, na Nave da Música do Concello, a unha actividade do programa Mulleres en Acción. Violencia Zero da Deputación de Pontevedra.
Primeiro, vimos un vídeo con diferentes intervencións educativas relacionadas coa violencia contra as mulleres, que son o 52% da poboación.
Logo, mozas e mozos do público saímos ao escenario para ler en alto datos do Ministerio do Interior sobre a violencia machista e as agresións sexuais rexistradas no 2018 e no que levamos do 2019. Impactounos terriblemente!!!
Foi moi interesante o momento en que Teresa Búa e Antón escolleron a rapaces e rapazas para lles pór saias. Deunos a risa pero tamén nos fixo pensar que, ao igual que as mulleres levan pantalóns, por que os homes non poden levar saia?
A performance gustounos moito porque nela estabeleceuse a diferenza entre a realidade, tal e como a vivimos, e o ideal, como nos gustaría vivir. Todas e todos temos os mesmos dereitos na teoría, pero na práctica, non. Nós, as mozas e mozos, somos, como ben dixo o alcalde, o futuro e queremos vivilo con igualdade, liberdade e respeto.
Conseguirémolo ! ! !
Pontevedra Viva recolleu así a noticia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario