06/06/16

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: OUTEIRO DE REI

     O pasado xoves, 2 de xuño, @s compañeir@s de 5º e 6º fixemos a excursión de fin de curso a Outeiro de Rei (Lugo) acompañad@s polas mestras Pilar, Mª Carmen e Claudia.

     Podemos dividir a saída en dúas partes ben diferenciadas:
  • A primeira digamos que é literaria e ten que ver con Manuel María, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Despois de traballar no colexio sobre a vida e obra do autor, tiñamos moitas gañas de achegarmos ata a Casa-Museo Manuel María e ver cos nosos propios ollos a contorna que tanto amou.
  • A segunda ten un carácter máis ben científico e está relacionada co proxecto "Bechos raros" que desenvolvemos ao longo do curso. Pareceunos boa idea rematalo cunha visita guiada polo Parque de Natureza de Marcelle.

     Como temos moitas cousas que contar e fixemos unha chea de fotografías, pensamos que é mellor relatar a nosa viaxe en dúas entradas independentes ás que podedes acceder premendo nos seguintes enlaces:

  • ROTEIRO LITERARIO MANUEL MARÍA:



     Esperamos que vos gusten.

     NÓS PASÁMOLO XENIAL ! ! !


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS