25/11/16

25N: REFLEXIÓNS

     Estes días estivemos traballando nas aulas de 5º e 6º o tema da violencia en xeral e da violencia contra as nenas, as chicas e as mulleres en particular.
     Reflexionamos e puxemos por escrito as nosas conclusións, desexos e declaracións de intencións que iamos compartir con todas as persoas que acudiran á concentración do 25N no patio de Infantil do colexio e que son as seguintes:
  • Solucionemos as cousas falando.
  • Respectemos por igual a nenos e nenas, chicos e chicas, homes e mulleres.
  • Cando maltratas a unha nena, chica ou muller deixas de ser home.
  • Se non che gusta ser maltratado, non maltrates a ninguén. E, se te maltratan, denuncia para que non volva ocorrer.
  • Se atopas alguén a quen amar, por que maltratar?
  • Amar de verdade é ben tratar.
  • Vence o teu medo: Non cales o teu sufrimento.
  • A educación é a vacina contra a violencia.
  • Trata ás demais persoas como queiras ser tratado. O respecto é a base para unha boa vida.
  • Se che pos nervioso, cala. Cando esteas tranquilo, fala e busca unha solución pacífica e razoable.
  • Nada bo vén xamais da violencia.
  • Non importan as diferenzas; todos e todas temos os mesmos dereitos, soamente hai que respectalos.
  • Para todas as nenas, chicas e mulleres maltratadas eu lles digo: Non vos caledes ! Hai silencios que matan.
  • Non por ser neno ti es máis ca unha nena.
  • Non importa o aspecto da xente por dentro nin por fóra. Sé ti mesmo, sé ti mesma e aprende a dicir que non.
  • Abrazar non fai dano a ninguén.
  • A violencia no colexio, na familia, no traballo e no mundo é a arma dos covardes. Eu opto por ser valente, e ti ?
  • Unha persoa é libre sempre de elixir. Vive e deixa vivir.
  • Non sufras inutilmente por amor. O amor é dador de vida, xamais a quita.
  • Falar as cousas é ir polo bo camiño.
  • Por favor, non pegues. Fala ! ! !
  • A violencia non soluciona os problemas. A violencia xera máis violencia e, polo tanto, máis problemas.
  • O meu desexo é que un día non teñamos que concentrarmos neste día. Será o sinal de que a violencia contra as mulleres haberá desaparecido.
     E, coas nosas propias mans, decoramos unhas pancartas reivindicativas que iamos portar na concentración:






     EN BARRO, Á VIOLENCIA DE XÉNERO DICÍMOSLLE : STOP 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS