24/11/16

INVITACIÓN DE MIMI: CONCENTRACIÓN 25N

     Hoxe, todo o alumnado do noso colexio levou para as súas casas unha nova carta de MIMI dirixida ás familias e aberta a toda a comunidade educativa e veciñanza de Barro para invitarvos a unha concentración con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Terá lugar mañá, 25 de novembro, no patio de Infantil do Colexio ás 12:15 h. 

     Convoca: Concello de Barro e CEIP Amor Ruibal.

     Animámosvos a participar nela, no convencemento de que precisamos da implicación do maior número de persoas para educar no respecto e na igualdade.

Pódese vivir de moitas maneiras,
pero hai maneiras que non deixan vivir.


Máis información no blog da Biblioteca:




1 comentario:

  1. A min gustariame que para o ano que non aia mai días de violencia de xenero

    ResponderEliminar

VISITAS