A entrega do X Premio MIMI tivo lugar o venres 26 de outubro na Nave da Música do noso Concello.
Este acto estivo a cargo de nós, o alumnado de 6º de Primaria, que fomos os responsables do proxecto no curso pasado.
Como é normal, os nervios de algúns e algunhas estaban a flor de pel. No escenario colocamos unha tarta especial (non era comestible!) para celebrar esta edición tan especial: Nin máis nin menos que a décima.

Tamén fixemos dous grandes cartaces sinalando, un deles, o nome do grupo gañador nesta edición, MAMÁ CABRA, e o outro, indicando a conmemoración do X aniversario do Premio.
Bailamos, cantamos e divertímonos moito moitísimo. Foi incrible interpretar o "Baile da Paz" e "A miña tía" con Tomi, Harry e Iago. Tocan que é unha auténtica pasada!
Na Nave resoaron a guitarra, o violín, a gaita, o bombo, os cascabeis e un instrumento que non coñeciamos, o ukelele baixo, que soa de marabilla!
Tamén, como non!, presentamos a nosa coreografía do "Rap da Lingua" de Migallas que xa adoptamos, dende a primeira edición, como o himno do Premio MIMI.

Un compañeiro disfrazouse de MIMI, a mascota da Biblioteca do noso cole, e gastamos unha broma facendo crer a todo o mundo que ese era o Premio. Que risa!!!
O auténtico Premio é unha bonita talla en madeira feita por Fran Rodríguez Remiseiro, artista local de proxección internacional.
Como encargad@s da organización, ademais de presentar o evento tamén colocamos e recollemos cadeiras e decoramos o local. Fíxonos moitísima ilusión! Pagou a pena. Quedamos moi content@s porque moit@s nen@s doutros cursos, nais e pais, e profesorado do colexio e do IES dixéronnos que lles gustara moito.
MAMÁ CABRA incluso prestouse a facer fotos con todos e todas. Aqui podedes vérmonos a nós e as compañeiras e compañeiros de 5º:
VIVA MAMÁ CABRA!!!
VIVA O PREMIO MIMI!!!
O alumnado de 6º
Máis información no blog de MIMI:
Ningún comentario:
Publicar un comentario