10/03/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No marco do Día Internacional da Muller, recibimos na Biblioteca a visita da doutora Viviana T. Vitureira Fernández. Con ela fixemos unha viaxe virtual no espazo e no tempo, dende o seu Montevideo natal ata Barro, onde vive dende hai anos con Germán, o seu home, e Luca e Piero, os seus fillos, que estudan no noso colexio.


Acompañada dunha presentación audiovisual moi currada, contou aspectos da súa vida persoal e de como naceu nela a vocación de médica. Tiña 4 anos cando viu na casa dunha tía, que era médica, un cranio e uns ósos que lle chamaron poderosamente a atención. A partir de aí, a súa curiosidade foi en aumento e preparouse ben a fondo para adicarse con paixón ao que máis lle gusta, a Xinecoloxía e a Obstetricia, das que aprendemos cousas moi interesantes que explicou dun xeito moi ameno e divertido.

  

O encontro con Viviana serveunos ademais para reflexionar sobre a importancia de loitar polos nosos soños e desenvolver a confianza nas propias posibilidades, independentemente de que sexamos mozas ou mozos, nenas ou nenos, homes ou mulleres.



Unha clase marabillosa ! ! !
Moitísimas grazas, Viviana ! ! !

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS