Durante este curso escolar, o alumnado de 6º recibimos unhas charlas por parte de José Sanmartín, coordinador do grupo Stop Velutina Umia, para concienciarnos sobre como podemos loitar contra a vespa velutina.
Vendo o noso compromiso e interese, fomos agasallados cunhas libretas onde poder anotar as trampas que puxeramos, a súa localización e o número de vespas velutinas que ían caendo nelas.
E formamos a patrulla escolar contra a vespa velutina.
Durante os meses de abril, maio e xuño, cada quince días entregabamos ás voluntarias da Asociación, Mª Carmen Magariños e Sofía Solla, unhas táboas co reconto das velutinas que caíran nas nosas trampas.
O numero de raíñas atrapadas foi de 259.
Incluso escollemos un nome para a patrulla, "A VelutiPoli", e fixemos un logo que foi estampado nunhas camisetas coas que nos agasallaron o martes 11 de xuño no Concello de Barro, xunto cun diploma polo noso compromiso con esta iniciativa de defensa do Medio Ambiente.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!
Así o contan nas seguintes reportaxes que apareceron no xornal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario